Actualidade

A Granxa Gayoso ofrece gratis ós gandeiros lucenses a formación precisa para cumprir coa norma da UE sobre benestar animal

Atendendo á realidade e necesidades do sector agrogandeiro, o centro impartirá nas súas instalacións un curso homologado sobre esta materia entre os vindeiros días 19 e 23, en horario de 17:00 a 21:00 horas

Os interesados en participar poden inscribirse chamando ós números de teléfono 982.31.00.04 ou 982. 22.78.12. A acción formativa conta con 30 prazas

FOTO_A Granxa Gayoso ofrece gratis ós gandeiros lucenses a formación precisa para cumprir coa norma da UE sobre benestar animal

A Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, ofrecerá de maneira totalmente gratuíta ós traballadores do sector gandeiro e da agricultura da provincia a formación e coñecementos prácticos que precisan para cumprir coa norma da UE sobre benestar animal, unha normativa moi estrita cuxo cumprimento incluso é un requisito que pesa para establecer as axudas da PAC. Deste xeito, atendendo á realidade e necesidades do sector, a Granxa Gayoso impartirá nas súas propias instalacións un curso homologado sobre Benestar Animal, que terá lugar entre o vindeiro luns, día 19, e o 23, en horario de 17:00 a 21:00 horas.

Todas aquelas persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ós números de teléfono 982.31.00.04 ou 982.22.78.12. Esta acción formativa organizada pola Granxa Gayoso conta con 30 prazas.

O curso, e a propia normativa comunitaria sobre benestar animal, ten como finalidade fomentar o respecto e o trato ético ós animais, considerando aspectos como o seu aloxamento, coidado, nutrición ou prevención de enfermidades, entre outros. Ademais de responder á cada vez maior sensibilidade da poboación hacia ó respecto ós animais, cumprir coa obrigatoria normativa de benestar animal mellora a competitividade das explotacións. Algunha das cuestións recollidas na norma da Unión Europea son a obrigatoriedade de ter os xatos soltos, non presos, e a de parar para darlle de comer ó gando no caso dun transporte de longa duración.

Estas xornadas da Granxa Gayoso Catro enmárcanse no labor de formación que ten encomendado co obxectivo de favorecer a rendibilidade, desenvolvemento e sostibilidade da actividade agropecuaria da provincia, fundamental na economía lucense. Previamente ó curso de benestar animal, o centro ofreceu un de apicultura no que se cubriron as 30 prazas dispoñibles.

Información sobre el documento

GRANXA GAYOSO CASTRO
Castro de Ribeiras de Lea - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 310 004
E-mail: granjagayoso@deputacionlugo.org