Robot de muxido

No ano 2011 un robot encargarase de realizar o muxido e control sanitario dunhas 70 vacas. Este automatismo ten unha praza de muxido onde entra a vaca, que é identificada grazas a un colar identificador que leva o animal no pescozo. En función da vaca que entre, o robot dosifica unha cantidade de penso concentrado que estimou o gandeiro anteriormente.

Mentres que o animal está comendo a súa ración de concentrado, un brazo mecánico cepilla, limpa e desinfecta as ubres; logo outro brazo mecánico, mediante sensores, coloca as mamileiras e comeza a muxir. Unha vez rematado o muxido, o robot permite á vaca saír do cubículo.

En cada muxido, a máquina analiza a posibilidade de que a vaca teña mastitis. En caso de detectar algún risco de que a vaca a padeza, o seu leite é enviado de forma automática a outro depósito, illado do resto do leite. Se o leite está en perfecto estado, vai a un depósito e refrixeración que se atopa noutra sala.

Outra cualidade do robot é a súa capacidade para realizar unha ficha persoal para cabeza de gando. Isto permite controlar a súa orixe, idade, ascendencia, descendencia, litros de leite, resultados das análises do leite, estado sanitario, fisiolóxico, tratamentos e enfermidades.

Este robot de muxido ten un sistema de alarma, que avisa ó teléfono móbil do propietario, ó veterinario, ou persoal encargado da explotación. Este sistema de alarma actívase no momento en que se dana algunha parte da máquina, se queda sen produtos de limpeza para as ubres ou se calquera das cabezas de gando escapa dos parámetros previstos polo gandeiro.

Como alarma, o ordenador manda unha mensaxe a un teléfono indicando o tipo de incidencia que ocorrera. A grandes rasgos, as principais vantaxes dos robos de muxido son as seguintes:

  • Maior rendemento de produción de leite.
  • Recorte de custes por mor da inferior man de obra.
  • Mellor coidado para a ubre.
  • Menos casos de mastitis.
  • Requerimento de menor espacio na corte.
  • Mantemento do ritmo natural da vaca (a vaca múxese cando ela o cre necesario).

Maior libertade para o gandeiro.

  • Menor traballo para o gandeiro.
  • Pódese combinar co sistema de pastoreo.

Como inconvenientes básicos hay que considerar:

  • Necesidade dun asesoramiento de persoal informático especializado.
  • Adquirir o robot de muxido require un forte investimento que non todos os gandeiros poden asumir.

De momento pode decirse que este sistema de muxido é unha novidade en España, xa que se poden contar cos dedos da man o número de explotacións que o teñen instalado. O certo é que este innovador robot é un sistema punteiro na explotación de vacún de leite, pero non se sabe o que depara o futuro nas explotacións gandeiras, que avanzan coa informática e as novas tecnoloxías. De feito, non hai tanto tempo que os nosos antecesores muxían a man, non sabían o que era un ordenador e nin se lles ocorría soñar ocn cousas que hoxe son unha realidade. (Extracto do artigo publicado na páxina web profes.net).

Información sobre el documento

GRANXA GAYOSO CASTRO
Castro de Ribeiras de Lea - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 310 004
E-mail: granjagayoso@deputacionlugo.org