Centro de Recría

A Deputación de Lugo está a impulsar un centro de recría nas instalacións da Granxa Gayoso Castro que será o primeiro público de España das súas características, e contará cun investimento de 8,5 millóns de euros. Con 3.000 xatas, triplicará a capacidade dos 14 existentes en Galicia, e aforrará custes ós gandeiros. Dotaráás explotacións luguesas dun maior rango xenético, produtivo e sanitario, garantindo a súa continuidade nestes momentos de crise económica.

O proxecto terá tal magnitude que triplicará o servizo que prestan hoxe os 14 pequenos centros de recría existentes nesta Comunidade, xa que porá a disposición dos gandeiros 3.000 xatas e terá un investimento aproximado de 8,5 millóns de euros, preto de 1.500 millóns das antigas pesetas. Segundo un estudo efectuado por Tragsa, os gandeiros galegos están recriando fundamentalmente no centro de Zaragoza unhas 4.000 novillas, o que supón un volume de negocio de 8 millóns de euros. Así pois, o obxectivo é facer de Lugo o referente desta actividade en Galicia.

As reses entrarán no Centro con 15 días e sairán preñadas con 24 meses de idade, momento no que acadarán os 700 quilos aproximadamente, e serán devoltas á explotación de orixe. A infraestrutura disporá de 14 naves, nas que se emprazarán 370 casetas. Ocupará unha extensión de máis de 7 hectáreas construídas, ou o que é o mesmo, a súa superficie equivale a 5 campos de fútbol. Cando o proxecto foi encargado a Tragsa a Deputación de Lugo solicitou que se aproveitase todo o posible a granxa actual, reconvertindo as instalacións. Por iso foi posible aproveitar 4.000 metros cadrados actuais, e serán construídos os restantes: 68.000.

Está previsto que as obras comecen na primeira metade deste ano, 2011. Unha vez rexistrado o proxecto no Concello de Castro de Rei, remitirase ás Consellerías de Medio Ambiente, Urbanismo e Patrimonio, para obter a licenza de obra e así iniciar os traballos. Por tanto,os prazos e a rapidez quedarán supeditados á axilidade coa que respondan.

O Centro de Recría converterase nun escenario de investigación, aberto ós alumnos de Veterinaria e doutras facultades, pero será especialmente innovador no seu modelo de xestión ambiental de residuos, xa que estamos diante un centro autosuficiente, capaz de xestionar o 100% dos seus residuos, converténdoos en enerxía. As 3.000 xatas xerarán 28.000 metros cúbicos ó ano de purín, o que obriga a facer unha xestión racional.

Información sobre el documento

GRANXA GAYOSO CASTRO
Castro de Ribeiras de Lea - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 310 004
E-mail: granjagayoso@deputacionlugo.org