Inicio » Convenios » AGAL

Convenios

AGAL

Convenio de colaboracion entre o INLUDES e a Asociación de Criadores de Gando Vacuno de Raza Limusín de Galicia (AGAL).

Obxecto: Establecer as bases de colaboración, entre o INLUDES e AGAL, para incorporar gando vacún de raza limusín nas instalacións da Granxa Gayoso Castro.
Duración: 5 anos, dende novembro de 2005.

Este convenio ten como obxectivo establecer as bases de colaboración, entre INLUDES e AGAL, para incorporar gando vacún de raza limusín nas instalacións da Granxa Gayoso Castro. AGAL cederá ó INLUDES un lote de animais composto por cinco vacas adultas e un touro de raza limusín, todos eles co seu correspondente certificado de autenticidade e os seus controis sanitarios en regla.

 O INLUDES comprométese a que os animais recibirán por parte do persoal unha correcta manutención e os coidados axeitados. Os animais adultos cursarán o seu ciclo de produción nas instalacións de Gayoso Castro, onde permanecerán ata a finalización do convenio. As producións obtidas destes animais serán reitaradas por AGAL no momento do seu destete (con entre 3 e 4 meses).

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

GRANXA GAYOSO CASTRO
Castro de Ribeiras de Lea - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 310 004
E-mail: granjagayoso@deputacionlugo.org