Inicio » Convenios » ACRUGA

Convenios

ACRUGA

Convenio de colaboracion entre o INLUDES e a Asociación nacional de criadores de gando selecto de raza rubia gallega (ACRUGA)

Obxecto: Promoción da raza rubia galega.
Duración: 10 anos, dende maio de 2007.

Dende 2007 ACRUGA subscribiu un convenio coa Deputación de Lugo para recuperar a raza rubia galega. O acordo consiste en que a Asociación deposita na Granxa un número de xovencas que son recuperadas das que se destinan para o sacrificio. Máis adiante, xa criadas, son revendidas a outros gandeiros tanto de Galicia, da Península coma do extranxeiro, co que se favorece a expansión desta raza. No ano 2007 ACRUGA empezou con 50 cabezas e actualmente hai unhas 210 xovencas de raza rubia galega, levando vendidas máis de 200 e recuperadas outras 400 en só tres anos.

Para a recuperación da liña tradicional da vaca rubia, ACRUGA seleccionará os mellores exemplares da mesma, que manterá en exposición permanente nas instalacións da Granxa Gayoso Castro, cun mínimo de 50 exemplares e coa recría suficiente paa atender a demanda do mercado. A Deputación de Lugo e ACRUGA manterán unha liña de investigación e de selección permanente, incorporando os mellores exemplares á mostra permanente.

A mostra permanente será viva e dela facilitaranse exemplares a prezo taxado a todos aqueles interesados na cría da rubia galega que reúnan as condicións que se determinen e que garantan unha mellor conservación futura e expansión da raza.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

GRANXA GAYOSO CASTRO
Castro de Ribeiras de Lea - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 310 004
E-mail: granjagayoso@deputacionlugo.org