Convenios

AFRICOR

Convenio de colaboracion entre o INLUDES e a Asociación Provincial de Lugo para o Control de Rendementos (AFRICOR – LUGO).

Obxecto: Desenvolvemento dun Programa de Mellora Xenética da Cabana Lucense a través da transferencia de embrións en ganderías de vacún de leite.

Este convenio, que está sen asinar, ten por obxecto establecer as condicións e os mecanismos de colaboración e cooperación entre o INLUDES e AFRICOR LUGO para o desenvolvemento das actuacións precisas que permitan o desenvolvemento dun programa de transferencia de embrións para mellorar a calidade xenética do gando vacún frisón da provincia de Lugo.

Os embrións empregados procederán da compra e dos obtidos na Granxa Gayoso Castro por parte dos obtidos do INLUDES e dos xerados polo propio programa, a partir de femias doadoras nadas de embrións transferidos en fases anteriores.

As femias obtidas permitirán incrementar o nivel xenético da cabana frisona da provincia de Lugo, destinando os machos a sementais, con posibilidade de acceder a súa testaxe en centros de inseminación.

Os embrións obtidos a partir das doadoras nadas froito do programa, estarán a disposición do INLUDES, pasando a transferirse en novas ganderías, permitindo expandir o programa de forma exponencial.

Información sobre el documento

GRANXA GAYOSO CASTRO
Castro de Ribeiras de Lea - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 310 004
E-mail: granjagayoso@deputacionlugo.org