Emblema de la Granja Gayoso Castro

Emblema de la Deputación de Lugo

Granxa Gayoso Castro

Recría e selección de gando da raza rubia galega

Lugo conta cun gran proxecto de recría de gando vacún que se convertirá no eixe dinamizador da mellora da raza rubia galega. Emprázase na Granxa Gayoso Castro, sobre unha superficie de 7 hectáreas. O INLUDES, a través da Granxa Gayoso Castro, quere dar resposta ás necesidades do sector gandeiro de vacún de carne para lograr que sexa máis competitivo e rendible.

Os centros de recría en Galicia resultan insuficientes para cubrir as necesidades dos produtores, xa que Lugo conta co 75% da totalidade das reses inscritas no Libro Xenealóxico. Por este motivo, estamos a crear un Centro de Recría que permita dar servizo ós socios de ACRUGA, facilitando a reposición do seu gando con reses de alta calidade.

O Centro de Recría da Raza Rubia Galega ofrece os seus servizos ós socios de Acruga que estean nunhas condicións óptimas de viabilidade económica e sostibilidade produtiva no seu contorno natural.

No manexo dos animais no Centro establecerase un rabaño de élite para poder realizar controis e estudos xenéticos e produtivos. O centro dispón dunha selección de animais de características excelentes para a súa presentación en concursos, demostracións, etc, co fin de ser escaparate para a difusión da raza rubia.

Información sobre el documento

GRANXA GAYOSO CASTRO
Castro de Ribeiras de Lea - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 310 004
E-mail: granjagayoso@deputacionlugo.org