Igrexa Parroquial de Santiago

En orixe a parroquia da cidade estaba ubicada dentro da catedral e tras varios intentos de independizala da mesma pois considerábase preciso esa retirada, acádase baixo a rexencia do bispo Fernández de Castro.

Esta nova igrexa parroquial de Santiago, que se sitúa ao final da actual rúa de Afonso VII, comezase a construír en 1890 e é inaugurada en 1901. Pertence ao estilo Neogótico. O arquitecto encargado de construír a igrexa é Nemesio Cobrero.

Hoxe consérvase tal e como foi construída. Foi a última gran construción eclesiástica e, por ese feito, coñécese en Mondoñedo como a “Igrexa Nova”.

Información sobre el documento