Localización xeográfica

Está emprazada no centro de Matodoso, no municipio de Castro de Rei, moi preto da localidade de Castro de Ribeiras de Lea, a 427 metros sobre o nivel do mar. Conta cunha extensión de 304 hectáreas, nas que se inclúen o Centro Residencial e Rehabilitador de San Rafael, o Centro da Cruz Vermella, a sala de incubación, a Granxa Cinexética, o Centro para Asistidos, a Lagoa de Caque, depósitos de auga e un viveiro forestal, entre outras dependencias.
Os solos son de formación diluvial, pouco profundos e pedregosos e de acidez intensa.

Aproveitamento e distribución:

  • Terreos cedidos ó hospital psiquiatrico: 10 hectáreas
  • Terreos cedidos á Escola Fogar: 2 hectáreas
  • Cortinas de arboledo, monte baixo e pistas: 60 hectáreas
  • Dedicado a pradeira artificial: 80 hectáreas
  • Pradeira natural: 70 hectáreas
  • Con escaso ou nulo valor agronómico (terreos pantanosos, Lagoa de Caque, etc): 40 hectáreas
  • Dedicado a millo: 40 hectáreas

Información sobre el documento

GRANXA GAYOSO CASTRO
Castro de Ribeiras de Lea - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 310 004
E-mail: granjagayoso@deputacionlugo.org