Presentación

A Granxa Gayoso-Castro iniciou a súa actividade no ano 1942 cun dobre obxectivo: desenvolver labores de investigación no ámbito do sector primario da provincia e abastecer de produtos ós centros benéficos dependentes da Deputación de Lugo. Na actualidade a súa xestión correspóndelle ó Institituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES), organismo autónomo do ente provincial.

Censo actual:
Esta explotación provincial desenvolve, ó amparo de varios convenios subscritos coa Xunta de Galicia, funcións de protección e recuperación de especies en perigo de extinción.

Raza cachena: Trátase da raza galego-portuguesa, integrada no grupo de Morenas do Noroeste, de orixinal morfoloxía, moi sobria e adaptada a climas extremos. A granxa ten actualmente un rebaño de 27 exemplares.

Razal limusina: Raza francesa, de carne de grande aceptación entre os gandeiros galegos. Actualmente hai un convenio de colaboración coa asociación de criadores desta raza. Censo actual: 10 animais.

Raza frisona: Está formado por un rabaño leiteiro en plena formación e mellora despois do enorme deterioro sufrido nos anos 2005 e 2006 como consecuencia dunha xestión non acertada, o que provocou que a calidade da selección e a sanidade se viran moi afectadas. Hoxe estamos en franca recuperación e moitos dos problemas están a ser solventados e outros en proceso de recuperación.

O actual rabaño consta de 70 animais adultos e 75 tenreiras y xatas de recría, nacidas na propia granxa, e atópase en pleno proceso de renovación. Hai unha cota asignada de 597.949 quilos de leite cunha porcentaxe de referencia de 3,75 de graxa y 3,20 de proteína. O leite producido véndese coma leite certificado a unha empresa láctea.
Do total de 70 vacas adultas, 12 delas son doadoras de embrións pola súa excepcional calidade.

Periodicamente son sometidas a lavados para a súa extracción e posterior conxelación ou implantación en fresco nas xatas receptoras da propia granxa. Debemos destacar que moitas das actuais doadoras son animais maiores, pero dispoñemos de animais novos que xa están comezando a producir embrións.

Información sobre el documento

GRANXA GAYOSO CASTRO
Castro de Ribeiras de Lea - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 310 004
E-mail: granjagayoso@deputacionlugo.org