Fondo cabecera Granja Gayoso Castro

Hoxe

lunes, 19 de noviembre de 2012

40 gandeiros da provincia reciben formación sobre a norma europea de benestar animal nun curso gratuíto da Deputación

A Granxa Gayoso tivo que aumentar as prazas inicialmente previstas ante o gran interese mostrado polos traballadores do sector nesta acción formativa homologada, que arrancou este luns e rematará o venres

Os participantes obterán os coñecementos que precisan para cumprir a esixente normativa da UE, que aborda cuestións como o aloxamento, coidado, nutrición ou prevención de enfermidades dos animais

Leer máis

jueves, 15 de noviembre de 2012

A Granxa Gayoso ofrece gratis ós gandeiros lucenses a formación precisa para cumprir coa norma da UE sobre benestar animal

Poxa de gando celebrada na Granxa Gayoso Castro

Atendendo á realidade e necesidades do sector agrogandeiro, o centro impartirá nas súas instalacións un curso homologado sobre esta materia entre os vindeiros días 19 e 23, en horario de 17:00 a 21:00 horas

Os interesados en participar poden inscribirse chamando ós números de teléfono 982.31.00.04 ou 982. 22.78.12. A acción formativa conta con 30 prazas

Leer máis

sábado, 13 de octubre de 2012

Vendidos dez dos once exemplares presentados á poxa de hoxe na Granxa Gayoso Castro

Vendidos dez dos once exemplares presentados á poxa de hoxe na Granxa Gayoso Castro

Acruga valorou positivamente os resultados desta segunda subasta celebrada en Castro onde o prezo medio acadou os 1.965 euros

Leer máis

jueves, 9 de febrero de 2012

Subasta de tenreiros o vindeiro 15 de febreiro

Lugar da subasta: Granxa Gayoso Castro

Día e hora: Mercores 15 de febreiro as 11:00

Nº de animais: 4 tenreiros raza frisona

Leer máis

lunes, 2 de mayo de 2011

A Deputación inicia as obras do Centro de Recría cumprindo os prazos establecidos

020511 Inicio das obras do centro de recría

As máquinas comezaron a preparar o terreo onde se construirán as 13 naves para 3.000 novillas, e as 370 casetas nas que se realizará a recría

Logo do remate destes traballos en 9 meses, dotarase o interior das naves e instalarase a depuradora para converter 28.000 m3 de purín -o 100% dos residuos- en enerxía

Leer máis

viernes, 29 de abril de 2011

A Deputación contrata as obras do Centro de Recría con Tragsa para inicialas o luns

290411 Sinatura convenio Tragsa-obras Centro de Recría

O Presidente e o Delegado Autonómico de Tragsa asinan o convenio polo que a empresa pública será encargada de realizar a 1ª fase dos traballos cun orzamento de 6 millóns de euros, financiados ó 100% con fondos propios

Logo do desbroce e preparación dos terreos, procederase de xeito inmediato á construción das 13 naves que acollerán as 3.000 novillas que entrarán na Granxa

O goberno provincial lamenta que a Deputación non puidese iniciar antes as obras debido a que a Xunta retrasou máis dun ano a concesión da Declaración de Impacto Mediombiental

Leer máis

A Deputación iniciará na 2ª quincena de abril as primeiras obras do Centro de Recría, dotadas con 6 M€

280311 Consello Reitor do Inludes no que se aprobaron as obras do Centro de Recría

Os traballos, financiados ó 100% con fondos propios, teñen un prazo de 9 meses e inclúen 13 naves que albergarán as 3.000 novillas
- O Presidente denuncia publicamente que non se puidesen comezar antes os traballos debido a que administración autonómica bloqueou máis dun ano a declaración de impacto medioambiental, “polo que esta Xunta saelle moi cara á provincia de Lugo”

O Partido Popular mantivo durante os 24 anos que estivo no goberno unhas instalacións ilegais, xa que nin estaban recoñecidas como explotación nin tiñan licenza de actividade

O Centro permitirá ós gandeiros ser máis competitivos, asegurar a continuidade das explotacións e aforrará unha media de 300 euros por novilla o custe que supón recriar en centros externos

Díaz Valiño lamenta que a Xunta “despois de retirarnos o psiquiátrico, causando un importante agravio ó Concello non foi capaz de axilizar outro proxecto non menos importante”

Leer máis

miércoles, 15 de diciembre de 2010

Deputación e Asociación Lucense de Caza asinan un convenio para a conservación da perdiz na provincia

O organismo provincial concede ó colectivo 15.000 euros para adquirir 2.000 exemplares desta especie e distribuílos nos tecores lucenses

Leer máis

martes, 16 de noviembre de 2010

A Deputación iniciará as obras do Centro de Recría no 1º trimestre do ano se a Xunta concede en tempo e forma o permiso ambiental

A Vicepresidenta Segunda reclama ó goberno autonómico a axilidade nos prazos, xa que se trata do proxecto máis agardado por todos os gandeiros

O alto grao de execución dos proxectos europeos Innova-TE e Pacto Provincial polo Emprego permite un adelgazamento do Orzamento do INLUDES ata os 10 M€ en 2011

Lara Méndez destaca que “é o presuposto do cumprimento dos grandes programas que esixían grandes anualidades e que corresponden os grandes retos como a implantación da eadministración na provincia ou a creación de traballo estable”

Realizarase un grande esforzo no control do estado de gastos, de tal xeito que dentro deste capítulo as retribucións de persoal descenden un 12,37% con respecto a 2010 e crearanse as primeiras bolsas para potenciar ós mais e deseñadores máis punteiros de Lugo

Leer máis

lunes, 15 de noviembre de 2010

Besteiro salienta que o medio rural perdeu 136 millóns de euros debido a “falsa austeridade” da Xunta

É o orzamento da Unión Europea que lle correspondía a Galicia para melloras no campo durante 2011 e que “como o Executivo galego se negou a investir 23 millóns de euros, agora ós nosos gandeiros e agricultores teñen estas axudas bloqueadas”

A maiores, a Xunta recortou nun 21% o presuposto da Consellería de Medio Rural supoñendo unha reducción de 134 millóns de euros en políticas agrogandeiras

O Presidente reivindicou políticas supramunicipais no rural, e adiantou que a vindeira semana SUPLUSA aprobará os seus Orzamentos nos que 12 millóns serán para a construción de residencias e centros de día que combatan o despoboamento

Leer máis

Máis novas

Información sobre el documento

GRANXA GAYOSO CASTRO
Castro de Ribeiras de Lea - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 310 004
E-mail: granjagayoso@deputacionlugo.org